A xunta directiva da Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou que o ditame da XLVIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia 2024 se celebrará o sábado 19 de outubro a partir das 12:00 horas no centro social Afundacion de Vigo, acto en que se homenaxeará a Antón Pulido no seu 80 aniversario, tras a gabanza do escritor Modesto Hermida García. Así mesmo nomeou as seguintes persoas como membros dos xurados de cada unha das dez modalidades:
CREACIÓN LITERARIA: Berta Dávila, escritora, gañadora de 2023; Iago Fernández, profesor e crítico; Sira González Rodríguez, bibliotecaria; Carlos Negro Romero, escritor e crítico; Armando Requeixo Cuba, profesor e crítico; Marga Romero Lorenzo, escritora e crítica e Eulalia Agrelo, profesora de Didácticas especiais da UVigo, secretaría.
INVESTIGACIÓN EN CIENCIAS E TECNOLOXÍA: Alicia Estévez Toranzo, catedrática de Microbioloxía da USC; Aurora Grandal d’Anglade, profesora de Paleontoloxía da UDC; Fernando Obelleiro Basteiro, catedrático de Teoría do Sinal da UVigo; Elena López Lago, catedrática de Óptica da USC; María Isabel Medina Méndez, profesora de investigación do CSIC do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo; Isabel Pastoriza Santos, catedrática de Química-Física da UVigo e Jorge Mira Pérez, catedrático de Electromagnetismo da USC, secretaría.
INVESTIGACION EN CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES: Miguel Anxo Bastos Boubeta, profesor de Ciencias Políticas da USC; Carlos Callón, profesor e escritor, gañador de 2023; Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da USC; Coral del Río Otero, catedrática de Economía Aplicada da UVigo; Jesús Salgado Velo, catedrático de Psicoloxía do Traballo e Recursos Humanos da USC; María Dolores Sánchez Palomino, membro da RAG, catedrática de Filoloxía da UDC e Inma Valeije Álvarez, profesora de Dereito Penal da USC, secretaría.
INICIATIVAS CULTURAIS E CIENTÍFICAS: Ana Luísa Bouzas Santiago, vicepresidenta da Fundación Luzes; Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia da USC, membro da RAG; Carlos Lorenzo Pérez, xestor cultural, presidente da AGPXC; Tamara Novoa, xornalista d’ A movida; Susana Rois, xornalista de Nós diario; Óscar Sánchez, representante da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, gañadora de 2023 e Míriam Ferradáns, escritora, secretaría.
MÚSICA: Juan Durán Alonso, compositor, membro da RAGBA; Xoán Manuel Estévez Freixeiro, crítico musical, membro da Asociación Cultural Pertenza; Andrea González Pérez, pianista, catedrática de produción e xestión no CSM de Vigo; Lois Pérez Díaz, escritor e músico; Tanxugueiras, cantoras, gañadoras de 2023; Noel Turbulencias, director de «Turbulencias» de CUAC FM e Alejo Amoedo Portela, pianista, membro do CCG e da RAGBA, secretaría.
ARTES PLÁSTICAS: Nuria Blanco, galerista; Xosé Manuel Buxán Bran, artista, decano da Facultade de BB.AA. da UVigo; Kiko Da Silva, ilustrador e editor; Alba Díaz Fernández, profesora e fotógrafa; Miguel Fernández Cid, director do MARCO, membro da RAGBA; Teresa Táboas, arquitecta, gañadora de 2023 e Ramón Rozas, crítico do Diario de Pontevedra, secretaría.
ARTES ESCÉNICAS: Paula Carballeira Cabana, directora, premio nacional de literatura dramática; Pablo Carrera Simón, fundador da Asociación Galega de Comedia dell’Arte; Noelia Castro, actriz e deseñadora gráfica, vicepresidenta de Escena Galega; Cristina Domínguez Dapena, ex directora do CDG, coordinadora da Sección de Artes Escénicas do CCG; Raquel Hernández Sánchez, directora de Teatro Ensalle, gañadora de 2023; Kirenia Martínez Acosta, coreógrafa, bailarina, produtora e Roberto Pascual Rodríguez, profesor da ESAD de Vigo, secretaría.
CINE E ARTES AUDIOVISUAIS: Pepe Coira Nieto, guionista e gañador de 2023; Fon Cortizo, presidente de CREA e director; Ana Domínguez, codirectora do festival S8; Jaime Pena, programador da Filmoteca de Galicia; Cris Iglesias, actriz; Laura Seoane, xornalista e produtora cultural e Paula Cabaleiro, xestora cultural, secretaría.
CULTURA GASTRONÓMICA: Juan Casares Gándara, ex-director de EVEGA e do Consello da D.O. Ribeiro; Eva Fachado Rubio, directora do CIFP Vilamarín; Sandra Faginas, crítica gastronómica de La Voz de Galicia; Diana Fernández Gómez, profesora, autora do blog Bolboretas no bandullo; Rogelio Rial Romarís, cociñeiro de Casa Barqueiro de Negreira, gañador de 2023; Paula Roca Saavedra, nutricionista do Sergas e Afonso Vázquez Monxardín, catedrático, secretaría.
CULTURA DIXITAL: Manuel Gago Mariño, profesor da USC, director de culturagalega.org; Marcus Fernández, webmaster de Código Cero, divulgador; Silvia López Gómez, profesora da USC, investigadora en videoxogos; Sara Seco Rial, creadora de contido dixital; Andrea Villa Feijoo, xornalista, traballadora cultural e codirectora de Carballo Interplay; María Yáñez Anllo, profesional da comunicación dixital e audiovisual e Cláudia Morán Mato, xornalista, secretaría.