A Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou aprobar as bases pola que se rexerán os Premios da Crítica de Galicia 2020, que se ditaminarán en Vigo o 7 de novembro de 2020, ademais de nomear as secretarías de cada unha das modalidades.
Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos súas autoras e autores, editoras, produtoras ou promotoras ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2020. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros».
A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo a: premiosdacriticagalicia@gmail.com
Creación literaria: María Dolores Cabrera.
Investigación: Blanca Roig Rechou.
Iniciativas Culturais e Científicas: Ramón Nicolás Rodríguez.
Música: Malores Villanueva.
Artes Plásticas: Antón Sobral Iglesias.
Artes Escénicas: Eulalia Agrelo Fernández.
Cine e Artes Audiovisuais: Ledicia Costas Álvarez.
Cultura Gastronómica: Luis Marconi Suárez.