A Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou na súa reunión do 26 de xuño aprobar as bases pola que se rexerán os Premios da Crítica de Galicia 2017, que se ditaminarán en Vigo o 4 de novembro de 2017, ademais de nomear as secretarías de cada unha das modalidades.
Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos seus autores, editores, produtores ou promotores ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2017. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.»
A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo a: premiosdacriticagalicia@gmail.com
Creación literaria: Eulalio Agrelo Costas, eagrelo@yahoo.es
Investigación: María Xosé Porteiro García, maria.xose.porteiro@gmail.com
Iniciativas Culturais e Científicas: Afonso Vázquez Monxardín, monxardin@gmail.com
Música: Antón Pulido Novoa, antonpulido@gmail.com
Artes Plásticas: Paula Cabaleiro Comesaña, paulacabaleiro.proyectos@gmail.com
Artes Escénicas: Ernesto Sánchez Pombo, espombo@yahoo.es
Cine e Artes Audiovisuais:Inma López Silva, inmalopezsilva@gmail.com
Cultura Gastronómica: Xabier Limia de Gardón,xaligard21@gmail.com