Novas

Convocados os Premios da Crítica Galicia 2016

Premios_da_Crítica_Galicia_2016-Cartel

A Fundación Premios da Crítica Galicia acordou na súa reunión do 18 de maio aprobar as bases pola que se rexerán os Premios da Crítica Galicia 2016 e nomear as secretarías de cada unha das modalidades. Novidades principais desta XXXIXª, que se ditaminará en Vigo o 19 de novembro de 2016 baixo o lema «En irmandade», son a creación dunha nova modalidade de «Cine e Artes Audiovisuais» e a modificación do descritor da de «Iniciativas Culturais» como de «Iniciativas Culturais e Científicas».

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polos seus autores, editores ou promotores ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2016. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.»

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo a: premiosdacriticagalicia@gmail.com

Creación literaria: Afonso Vázquez Monxardín, monxardin@gmail.com

Investigación: Modesto Hermida García, regomazaira@hotmail.com

Iniciativas Culturais e Científicas: María López Sández, mlsandez@gmail.com

Música: María Xosé Porteiro, maria.xose.porteiro@gmail.com

Artes Plásticas: Xavier Limia de Jardón, xaligard21@gmail.com

Artes Escénicas: Inma López Silva, inmalopezsilva@gmail.com

Cine e Artes Audiovisuais: Antón Sobral Iglesias, sobraliglesiasanton@gmail.com

Cultura Gastronómica: Blanca Roig Rechou, blanca.roig@usc.es

A composición dos xurados de cada unha das oito modalidades pode coñecerse aquí.