Novas

As artes plásticas protagonistas dun novo acto dos «Sábados Culturais»

O sábado 8 de xuño, ás 12:00 horas na Casa Galega da Cultura, Praza da Princesa s/nº de Vigo terá un novo acto da xeira de »Sábados Culturais» organizados pola Fundación Premios da Crítica Galicia. O acto consistirá nunha mesa redonda co título «Galicia: 35 anos de transformacións nas artes plásticas», na que participarán Xosé Carlos L. Bernárdez e Antón Castro, profesores e críticos de arte, e Antón Pulido, pintor e vicepresidente da Fundación Premios da Crítica Galicia. Os tres ponentes debaterán sobre cuestións como: O novo artista; a evolución do mercado da arte; o papel da crítica de arte; o coleccionista e o coleccionismo; os museos e as institucións; as exposicións; e o novo espectador.  Ao remate do acto, servirase na Cafetaría Cosmos (Praza da Princesa) un viño galego.

One Trackback


  1. […] (Praza da Princesa), de Vigo, terá un novo acto da xeira de Sábados Culturais organizados pola Fundación Premios da Crítica Galicia. O acto consistirá nunha mesa redonda co título Galicia: 35 anos de transformacións nas artes […]