A Fundación Premios da Crítica Galicia celebrará un novo acto da súa xeira «Sabados Culturais», o sábado 27 de abril, ás 12:00 horas na Casa Galega da Cultura. No acto, que xirará arredor da situación da Música Galega nas tres últimas décadas, intervirá o profesor Xaime Estévez Vila, que será presentado por Antón Pulido, vicepresidente da fundación. Ao remate deste acto, a partir das 13:00 horas, haberá un concerto do Cuarteto Caramuxo na Praza da Princesa.Tras este concerto, servirase na Cafetaría Cosmos un viño galego por cortesía das bodegas de Ramón Troncoso.
A seguinte actividade dos «Sabados Culturais» será a conferencia de don Xesús Alonso Montero, recén nomeado presidente da Real Academia Galega, titulada «Cantares Gallegos: unha nova lectura?» que se celebrará o sábado 4 de maio de 2013, ás 12:00 horas no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura, Praza da Princesa s/nº, Vigo.